Sunday 28 de April de 2024

A Deputación da Coruña impugna a venda da parcela do parque comarcal de bombeiros


A Deputación Provincial, como parte do Consorcio de Bombeiros, impugnará o proceso de venda por parte do Concello de Arteixo da parcela onde está o parque de bombeiros edificado. Así llelo comunicaron o pasado venres responsables provinciais ao deputado de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.

O Concello de Arteixo procedeu á adxudicación desta parcela sen tela desafectado previamente e sen contar cos organismos titulares do servizo de bombeiros, o Consorcio Galego que depende da Xunta de Galicia e da Deputación, que son os dous órganos que financian o funcionamento do parque. O alcalde está a infrinxir a lei, entrando nun proceso de posible prevaricación.

A petición de Alternativa dos Veciños, o pasado 27 de xaneiro a Deputación acordou suspender esta venda e enviou un oficio ao Concello de Arteixo solicitando a paralización do proceso e advertindo das responsabilidades legais da operación

Con esta actuación, o alcalde de Arteixo está a prexudicar á empresa compradora. Para poder efectuar esta venda tería que volver empezar o proceso, previa desafección da parcela e creación dun novo edificio do Parque de Bombeiros.